miércoles, 19 de junio de 2013

TAREK, a miña pequena gran historia

O meu nome é Tarek e o que ides ler a continuación é a historia da miña vida, a miña historia.
Teño 10 anos e vivo dende hai 4 na Coruña (España) pero eu non nacín aqui.
Son natural de Mali, aos 6 anos adoptáronme os meus actuais pais, Xosé e Sofía.
Todo o mundo me pregunta se me acordo dos meus pais biolóxicos, eu respóndolles que sí.
Aínda que era pequeno cando me separaron deles, sempre recordo as súas caras.

A miña nai chamábase Adila e o meu pai Basir. Para min, eran os mellores pais do mundo.
Sempre me dicían que un día eu xa non estaría con eles porque non podían coidarme bien…éramos moi pobres.
Me acordo que a miña casa era pequena, non tiña habitacións con camas, só había colchóns.
Tampouco había auga corrente. A miña nai ía todas as mañás a un sitio ao que chamaban o "PARAÍSO", era un pequeno lago.
Un montón de xente se reunía alí cos seus cubos todas as mañás para poder ter auga durante todo o día.

A miña nai volvía co cubo moi cansa. Dende a miña casa ata o "PARAÍSO" había que percorrer 7 kilómetros, pero a ela non lle importaba porque (como todas as nais) podía dar a súa vida con tal de que o seu fillo recibise un simple vaso de auga.
Do meu pai non me acordo moi ben, pero sei que me quería como un pai quere a un fillo, e con ese único recordo para min é suficiente.

Tamén sei que, antes de que me levasen, él me dixo: "Vive a túa nova vida sen mirar atrás".
E con esa frase vivo ata o día de hoxe.

Cando cheguei á Coruña, a ese "Novo Mundo" (así chamábao eu), era como se en vez de cruzar o Océano, cruzara o espazo exterior cara a unha nova galaxia.
Cheguei moi asustado, nunca había viaxado en avión, ademais ninguén era como eu e tampouco falaban o meu idioma.

Estábamos no aeroporto. Un montón de xente ía e viña, nenos que berraban, avións que despegaban...
Púxenme nervioso e empecei a chorar...quería irme a casa.
Unha das señoras que viaxara comigo (a única que falaba o meu idioma) díxome que agora todo sería diferente pero que seguiría tendo unha familia que me quería e viviría en mellores condicións.

Iso me tranquilizou pero eu non sabía que significaba "mellores condicións".
De súpeto, vin chegar a dúas persoas. Se dirixían cara a mín cun sorriso e algunha que outra lágrima, eran Xosé e Sofía. Abrazáronme e dixéronme no meu idioma:
BENVIDO A CASA...

Dixéronme que subise con eles a un coche, eu seguía asustado.
Aínda así, non sei por que, dende o primeiro momento en que esas dúas persoas me abrazaran sen que os coñecese, me transmitían confianza e lles obedecín.
Mentres viaxábamos no coche observaba pola ventá a cidade e non me podía crer o que vía.


Había casas altísimas, coches de diferentes tipos e cores en cada esquina, xardíns con flores e árbores, tamén moita xente...era todo moi extraño.
Pouco a pouco o meu medo se transformou en curiosidade por saber que era o que me rodeaba e, como sabía que non me entendían, todo o que quería dicir o facía mediante xestos.
Eles tamén me respondían con xestos e é que, ata que non aprendese o seu idioma, esa sería a nosa maneira de comunicarnos.


Chegamos a unha desas casas altas e eles, cuns xestos un pouco graciosos, dixéronme:
ESTA É A NOSA CASA, E AGORA A TÚA.
Só naquel momento, despois de que me dixesen iso, comprendín que eu viviría alí para sempre.
Eso era bo ou malo?
Naquel momento, non o sabía.
Recordei a frase do meu pai: "Vive a túa nova vida sen mirar atrás"...
E con iso presente todo o tempo decidín asumir que os meus novos pais serían esa extraña parella.


A miña vida transcurría normal, pouco a pouco me fun acostumando a todo o que, para mín, me parecía moderno e novidoso.
Había cousas que extrañaba da miña aldea en Mali, outras non.
O que mais me impresionou é que como tiñan auga corrente e non tiñan que percorrer 7 kilómetros para buscala, malgastábana moitísimo.
Eu sempre procuraba pechar a billa e usar a menos cantidade de auga posible, por se acaso.


Tamén a xente se entretiña no seu tempo libre con actividades diferentes.
Eu en Mali xogaba cos meus amigos na rúa todo o día, aqui, non obstante, estaban moito tempo diante dunha pantalla sen facer nada mais que mirala.

Todo iso é o que pensaba cando cheguei, xa que todo era diferente...agora me acostumei á auga corrente e son eu o que se pasa moito tempo ante esa "pantalla luminosa" como a solía chamar eu a televisión.
Mesmo o outro día Sofía castigoume porque non había feito os meus deberes e lle dixen que era porque estaba a ver un novo episodio da miña serie favorita: SuperAlien.



O único inconveniente que tiven ao chegar foi o día de ir ao colexio.
Habían pasado 3 meses dende que estaba na Coruña e sabía moi pouco de español e de galego.
Ademais, en Mali nunca pisara unha escola.
Estaba asustado e non quería ir, púxenme a chorar e a dicirlles a Sofía e a Xosé que faría calquera cousa con tal de non ir ao colexio. Eles dixéronme que era bo que fose, haría amigos e aprendería mellor o idioma.

Ao final tiven que ir.
Agora que o penso, creo que non tiña medo do colexio se non de que os nenos se burlasen de min por non falar moi ben ou por ser de diferente raza.
Por sorte, todo foi moi ben. Os nenos preguntábanme cousas do meu país e a profesora era moi simpática.


Pasados uns meses, sabía falar español, galego e ata un pouco de inglés.
Agora, teño moitos amigos. Moitas veces invítoos á miña casa e xogamos á videoconsola ou ao fútbol.

Pódese dicir que me integrei rápido á miña nova vida, Xosé e Sofía me axudaron un montón.
Eu sempre digo que teño a sorte de ter pais en Mali e pais aqui, na Coruña.
Se tivese que definir a Xosé e Sofía nunha palabra esa sería: INCREÍBLES.
Xosé é divertido, amable e é o meu cómplice en todo.
Sofía é protectora, alegre e un pouco estrita pero iso a min dáme igual.
Eles déronme a vida que os meus pais non me podían dar.
¿Son feliz? Si.


Pero non por non ser pobre, se non porque despois de perder os meus pais, atopei a outros que, por sorte,quérenme por igual, non me xulgan e compréndenme.
Estou seguro que cando sexa un pouco máis maior irei con eles a Mali a ver os meus pais biolóxicos e todos se coñecerán e formaremos unha gran familia...mentres tanto seguirei coa miña nova vida.

Esta é a miña historia e tal vez non sexa a máis emocionante, a máis romántica, a máis divertida...pero é a miña historia e iso para min é suficiente.
É a miña pequena GRAN historia.

Información

El idioma gallego es una lengua romance del subgrupo galaico-portugués hablada principalmente en la comunidad española de Galicia. Está estrechamente emparentado con el portugués, con el que formó unidad lingüística (galaicoportugués) durante la Edad Media. Diferentes entidades culturales defienden al gallego como variedad diatópica del diasistema lingüístico gallego-luso-africano-brasileño.
También se hablan diferentes variedades del gallego en la comarca del Eo-Navia, en el oeste de Asturias, y en la comarca de El Bierzo, al noroeste de Castilla y León. Algunos lingüistas también consideran como parte de la lengua gallega el habla del Valle del Jálama, al norte de Extremadura, llamada "xalimegu" o "a fala".
Esta definida como su idioma propio y tiene carácter de cooficialidad junto al castellano en virtud de Estatuto de Autonomía de Galicia en dicha región.

 File:Percentage of Galician speakers (corrected).PNG

galego



O Galego está desaparecendo, ¡¡¡Falémos galego!!!!
¡¡¡¡¡VIVA GALICIA!!!